Estamos nun concello moi músical, con fortes tradicións e cun postre que está en todas as romarías, as Rosquillas. Debe ser por este microclima tan especial no que estamos polo que nos vemos así: Moi festeiriños, persoas usuarias e persoal con tesón, moi orgullosas do seu facer, larpeiras e doces.

O Centro de día de Ponteareas o vamos a definir en función do que nos transmiten as persoas que acuden a e traballan nel: “Cando chegamos se nos van as penas”, “ cada día é diferente”, ledicia, movemento, vida, familia, intimidade, compañeirismo, felicidade, risas... Somos como unha pequena familia que habita nun centro pequeniño , no que nos respectamos e queremos todos.

No Centro temos unhas familias e persoas usuarias que sempre están abertas a novas propostas, das que aprendemos divertíndonos coas anécdoctas e historias, as que nos contaxian as ganas de vivir e disfrutar de cada momento e as que nos fan dar o mellor de nós.